bandurra

bandurra

(lat< pandura)

s f [MÚS]

Instrumento cordófono da familia dos laúdes, moi común na música popular hispánica. De dimensións reducidas (uns 50 cm), caixa de dorso plano e en forma de pera co mango moi curto, en proporción coa caixa; está dividida en catorce trastes, sen cordal e con seis dobres cordas. Nos conxuntos de bandurras e guitarras ten destinada a parte aguda, e faise soar por medio dunha puga, en trémolo case constante.

Ex: O meu irmán meteuse na tuna e decidiu tocar a bandurra.

Citas

  • O meu irmán meteuse na tuna e decidiu tocar a bandurra.