Banū Hūd
Familia árabe de orixe baladí que gobernou a Taifa de Zaragoza dende o 1039 ata o 1110. O fundador foi Sulaymān ibn Mu ḥ ammad ibn Hūd, chamado al-Musta’īn, que antes de morrer dividiu o reino entre os seus fillos, deixando Zaragoza a Abū Ǧ a’far A ḥ mad al-Muqtadir, Lleida a Yūsuf al-Mu ẓ affar, Calatayud a Sulaymān e Tudela a Mum ḥ ammad. Al-Muqtadir (1046-1081) desposuíu sucesivamente os seus irmáns e anexionou Tortosa (1059) e Dénia (1076), facendo do seu goberno o momento de máxima expansión do Reino. Foi vasalo de Fernando I de Castela e aliado de Sancho García de Navarra contra Sancho Ramírez de Aragón. Acolleu o Cid no seu desterro. Ao morrer repartiu os seus territorios entre os seus fillos, outorgando Zaragoza e Tortosa ao seu fillo Yūsuf al-Mu’tamin (1081-1085), e Lleida e Dénia a Mun ḏ ir’Imād al-Dawla (1081-1090); estes iniciaron unha época de continuadas batallas que foron en detrimento do poder dos Banū Hūd. Os reis de Aragón, por unha banda, e os almorábides, pola outra, foron recortándolles o territorio progresivamente. O derradeiro representante da dinastía foi Sayf al-Dawla, morto en 1146, que reinou fugazmente en diversas cidades, sempre baixo a protección do Rei de Castela.