baqqara

baqqara
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos baqqaras.

  2. s

    Individuo pertencente a algunha das tribos seminómades baqqaras.

  3. s [ETN/HIST]

    Grupo de tribos seminómades que falan a lingua árabe do Sudán, no S do Kurdufān e do Dārfūr. Os baqqaras dedícanse á gandería bovina, polo que pasan o inverno en Baḥr el’Arab, e a época das chuvias nas montañas de Dār Nūba. Progresivamente abandonaron o nomadismo polo traballo sedentario do cultivo do algodón.