bara

bara
  1. adx [ETN]

    Relativo ou pertencente aos baras ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo pertencente a algunha das tribos seminómades baras.

  3. s [ETN]

    Conxunto de tribos seminómades dos altiplanos do S da illa de Madagascar. A base económica tradicional dos aproximadamente 370.000 baras é a gandería bovina. Falan unha variedade do malgache, con trazos máis arcaicos ca o merina.