barabra
barabra
-
adx
Relativo ou pertencente aos barabras ou á súa lingua.
-
s
Individuo dalgunha das poboacións nubias de barabras.
-
s
[ETN]
Poboacións nubias do Nilo medio, entre Exipto (sur de Aswān) e Sudán (a rexión setentrional). Practican principalmente a agricultura e emigran en gran número ás cidades de Exipto como serventes ou pequenos mesteirais. A manifestación relixiosa tradicional destes pobos é a islámica. Non obstante , formaron parte dos núcleos cristiáns de Nubia que non foron islamizados ata o s XIV, cando se infiltraron tribos nómades árabes que, ao final do século, fundaron o Reino de Funj, que perdurou ata o inicio do s XIX. A súa lingua, chamada tamén nuba, pertence ao grupo chari-nilótico.