barafunda

barafunda

(< cast barahúnda)

  1. s f

    Barullo, confusión ou desorde que producen as voces dunha multitude desordenada de persoas, especialmente cando se está divertindo. SIN: alboroto, algarabía, algarada, algareo, algueirada, balbordo, barullo, boureo, bulicio, bulla, rebulicio, rebumbio.

    Ex: Os veciños protestaron pola barafunda nocturna das fins de semana.

  2. s f

    Discusión de pouca importancia. SIN: algarada, algareo, algueirada.

    Ex: No momento en que quedei durmido, comezou unha barafunda no piso de abaixo que non me deixou descansar.

Palabras veciñas

Baracaldo | baraceiro | Baradostense | barafunda | barafustar | baragnosia | Barāhnagar