baraza

baraza

(<ár maraç ‘corda’)

  1. s f

    Fita ou correa coa que se ata o liño ou estopa á roca para logo fiar.

    Sinónimos: barazo.
  2. s f

    ext Cordel ou fita delgada que serve para atar ou suxeitar algunha cousa.

    Ex: Tiña unhas barazas verdes nas trenzas.

    Sinónimos: cinta.
  3. s f

    Trampa feita con fíos ou lazos para cazar animais no monte.

    Ex: Fixo vaias barazas, pero aínda non cazou nada.

Frases feitas

  • Atacar as barazas. Non facer gasto excesivo na comida para casa.

  • Ser unha baraza de la. Ser unha persoa de pouca vontade ou ser pacífico.