barbantesa
barbantesa
s
f
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos mántidos caracterizado por desprazarse habitualmente sobre o segundo e terceiro par de patas reservando o primeiro par, de patas espiñentas, para a captura de presas. Caza ao axexo; permanece inmóbil e oculta entre a vexetación cunha coloración críptica que adoita ser verde ou castaña. Os machos son de menor tamaño que as femias e trala cópula os ovos son depositados en ootecas. As barbantesas distribúense principalmente nos trópicos, onde están presentes máis de 2.000 especies, entre as que son comúns as formas de cores vivas que se ocultan entre os pétalos das flores da mesma cor. En Galicia están presentes os xéneros Mantis e Empusa. SIN: barbatesa, parraguesa.