barbaridade

barbaridade

(< bárbaro)

  1. s f

    Calidade de quen ou do que é bárbaro. SIN: atrocidade, barbarie, crueldade.

    Ex: Non quero ver as noticias pola tele porque non me gosta ver barbaridades.

  2. s f

    Dito ou feito absurdo, imprudente ou excesivamente atrevido. SIN: barrabasada, desatino, disparate, temeridade.

    Ex: Camiñar por riba da balaustrada dunha ponte é unha barbaridade. Atravesar a rúa cando o semáforo está vermello é unha barbaridade.

  3. s f

    Erro ou equivocación importante. SIN: barrabasada, burrada, disparate, necidade.

    Ex: Suspendiches o exame porque contestaches varias barbaridades.

  4. s f

    Expresión groseira, insultante ou que soa mal.

    Ex: Insultouno, maldiciuno e non deixou de dicir barbaridades.

  5. s f

    Cantidade excesiva.

    Ex: Dóeme un pouco o bandullo, hoxe comín unha barbaridade. Gastei unha barbaridade nos agasallos do Nadal!

Palabras veciñas

barbaresco | Barbaria | barbárico -ca | barbaridade | barbarie | barbarismo | barbarizar