Barbus

Barbus
[ANIMAL/ICT]

Xénero de peixes de auga doce da familia dos ciprínidos, caracterizados por presentar catro barbelas na boca e o primeiro radio da aleta dorsal ramificado e, nalgunhas especies, osificado. Os individuos deste xénero viven en augas de curso rápido, aínda que tamén aparecen en pozas e remansos. Teñen unha alimentación moi variada que inclúe crustáceos, moluscos, insectos e algas verdes. A maioría das especies deste xénero son africanas, aínda que na Península Ibérica se rexistran cinco. En Galicia unicamente se atopa o barbo.

Palabras veciñas

barbuña | barbuñar | barbuo | Barbus | barbusano | Barbusse, Henri | barbuxa