Barfoed, reacción de
Barfoed, reacción de
[QUÍM]
Proba utilizada para diferenciar quimicamente os monosacáridos dos disacáridos, engadindo unha mestura de ácido etanoico e acetato de cobre (II) á solución a estudiar. Baséase no carácter máis redutor dos monosacáridos, que precipitan máis rapidamente o cobre reducido en forma de óxido cuproso avermellado.