baritina
baritina
(< bario)
s
f
[MINERAL]
Sulfato de bario, de fórmula BaSO4. Tamén denominada espato pesado, cristaliza na singonia rómbica, e os cristais son tabulares. Presenta agregados típicos en forma de libro aberto. É de boa exfoliación, transparente, branca, incolora ou de cores diferentes, segundo as impurezas. Posúe un brillo vítreo ou nacarado, dureza 3,5 e peso específico 4,5. É abundante na natureza, en filóns, xunto con sulfuros metálicos, ou ben en depósitos sedimentarios nodulosos.