Barnenez
Barnenez
Monumento funerario tipo cairn, que recobre once antas de corredor paralelas, situado en Plouezoch-Finestère (Bretaña). Edificouse en dúas etapas, con cadansúa cronoloxía diferenciada -a primeira ao redor do 3800 a C e a segunda do 3600 a C-, que permitiron demostrar a maior antigüidade e desenvolvemento autóctono do Megalitismo dos fisterres atlánticos desvinculados do Mediterráneo.