Baroña, Castro de
Baroña, Castro de
Está situado na parroquia de Baroña (Porto do Son). Trátase dun asentamento marítimo construído sobre unha península que ocupa na súa totalidade, polo que a morfoloxía da planta está condicionada por ese feito. Estivo ocupado entre o s I a C e a fin do s I d C. Estaba rodeado por dúas murallas: da exterior, duns 35 m de longo, arrincaban outras dúas murallas cara ao núcleo central; a interior, que rodeaba o poboado, só permitía o acceso ao recinto habitacional a través dunha única porta. No castro hai ao redor de 20 vivendas de formas circulares ou alongadas e de paredes rectas.