Barqueiro, ponte do
Barqueiro, ponte do
Está situada sobre o río Sor, na ría do Barqueiro, entre as parroquias de Mogor (Mañón) e Negradas (Vicedo). Trátase dunha ponte metálica con tres arcos de ferro forxado sobre piares de cantería. O proxecto orixinal redactouno no ano 1880 o enxeñeiro Adolfo Poqueño; sen embargo, paralizouse a súa construción por desentendemento entre a empresa e a administración pública contratante. No ano 1894 retomou o proxecto o enxeñeiro José Real, quen modificou o deseño orixinal. A súa construción comezou no ano 1895 e rematou no 1901. Forma parte da estrada N-649, no treito que enlaza Ortigueira con Viveiro.