Barrantes, vizcondado de
Concedido por Filipe IV, por Real Despacho do 13 de decembro de 1654, a Mauro de Caamaño Mendoza e Soutomaior, procurador en Cortes por Galicia, señor das casas de Vista Alegre, Barrantes e Vilagarcía e, posteriormente, I marqués de Vilagarcía. Rodrigo Barrio e Álvarez de Lorenzana, IX vizconde e marqués de Vilagarcía, cedeu o marquesado de Vilagarcía reservándose o vizcondado de Barrantes pero, ao non obtelo, declarouse vacante, e o 5 de xuño de 1870 foi suprimido. O título foi reclamado por Xoán Álvarez Lorenzana e Guerreiro quen, tras conseguir a súa rehabilitación o 27 de outubro de 1870, se converteu no X vizconde de Barrantes. Leva como armas as dos Caamaño: en campo de ouro, un brazo alado, vestido de sinople, movente do flanco sinistro, coas ás de prata e sostendo na man unha coroa de azul.