Barreda

Barreda
  1. [ONOM]

    Barreiro.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe castelá establecida na vila santanderina de Santillana del Mar. Segundo algúns investigadores o seu tronco foi Pedro de Mendoza, quen axudou o Rei Ramiro II de León na guerra que mantivo fronte ao infante Froila; segundo outros, vén de Gonzalo Pérez de Barreda, que serviu os reis Ordoño III e Sancho I. Estendeuse por case toda España, e mesmo chegaron ramas a Perú e Colombia. As súas armas levan, en campo de sinople, un castelo de prata, sobre ondas de azul e prata, arrimado de seis besantes do mesmo metal, tres de cada lado, postos en pao.

Palabras veciñas

Barre, Jordi | Barre, Raymond | Barrecedo | Barreda | Barredo | Barredo | barregán -na