Barren Grounds

Barren Grounds

Extensas áreas do escudo canadense, tamén chamadas Barren Lands, constituídas por rochas cristalinas e duras do Precámbrico, arrasadas e pulidas polo xeo, onde se formou unha gran cantidade de lagos e depresións de orixe glacial. Algúns destes lagos enchéronse de sedimentos ou ben de restos vexetais ou liques que constituíron rexións pantanosas moi semellantes ás turbeiras coñecidas co nome de muskegs.

Palabras veciñas

Barrême, Bertrand François | barremense | Barremense | Barren Grounds | Barren, illas | barrena | barreña