Barrera
Barrera
-
[ONOM]
Forma castelá que corresponde ao apelido galego Barreira.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural de Castela moi estendida por toda a Península e coñecida tamén como La Barrera. Estableceuse en Galicia, Aragón, Andalucía e Santander. Os Barrera galegos establecéronse en Oza (Teo), e en terras de Lugo e Ourense. As súas armas levan, escudo partido: a primeira partición, en campo de azul, cunha torre de prata; a segunda partición, en campo de azul, con cinco lises de ouro, postas en aspa; bordo de goles con oito aspas de ouro. Outra variante trae, en campo de goles, un castelo de ouro e o bordo, tamén de ouro, con cinco lises de azul.