Barry Lindon
Barry Lindon
[IMAX]
Produción cinematográfica de carácter histórico realizada na Gran Bretaña no ano 1975. Foi escrita e dirixida por Stanley Kubrick, baseada na novela de William Makepeace Thackeray. Interpretada por Ryan O’Neal, Marisa Berenson, Patrick Magee e Hardy Kruger, nárranse os avatares dun pícaro, Redmon Barry, que tenta introducirse e medrar na alta sociedade británica do século XVIII. Acadará o éxito, pero rematará perdéndoo todo.