Baruc

Baruc
[HIST/RELIX]

Personaxe bíblico que aparece no Libro de Xeremías como secretario ou escribente deste profeta. Era fillo de Neries e foi obrigado, xunto co profeta, a fuxir cara a Exipto, onde probablemente morreu.