basal

basal

(< base)

  1. adx

    Pertencente á base ou situado nela.

  2. adx [FISIOL]
    1. Aplícase ao proceso fisiolóxico no que o gasto de enerxía por parte do corpo é o mínimo necesario para mantelo en funcionamento normal.

    2. Factores fisiolóxicos considerados en condicións de metabolismo basal.

  3. adx [XEOG]

    Relativo ao estado inferior de calquera zona altitudinal. Adoita corresponderse con altitudes inferiores aos 500 m.