básico -ca
(< base + -ico)
-
adx
Que forma parte da base na que se sustenta unha cousa ou que constitúe a súa parte esencial.
Ex: O leite é un alimento básico para a vida.
Sinónimos: fundamental, imprescindible. -
[QUÍM]
-
adx
Relativo ou pertencente ás bases.
-
adx
Solucións ou mesturas onde hai presente unha base libre e que, polo tanto, teñen en maior ou en menor grao as propiedades das bases.
-
adx
Sales formados por neutralización parcial dun óxido ou dun hidróxido metálicos con ácidos.
-
reacción básica
Propiedade das bases e das súas solucións consistente en facer cambiar a cor dos indicadores de xeito que a cor acadada coincida coa cor da forma básica.
-
adx
-
adx
[XEOL]
-
Minerais nos que a proporción de óxidos metálicos pasa do 50%.
-
Rochas ígneas nas que a proporción de sílice queda comprendida entre o 40 e o 50%. As rochas básicas máis importantes son os basaltos.
-
-
adx
[LING]
Concepto derivado das aplicacións da teoría da información e da estatística na Lingüística e que alude ao conxunto de elementos fonolóxicos, morfosintácticos e semánticos dunha lingua que constitúen a base mínima imprescindible para falar e comprender unha lingua elementalmente. OBS: Para designar este concepto, o adxectivo básico sempre se utiliza acompañado do substantivo que fai referencia á lingua da que se está a falar.
Ex: galego básico, inglés básico, portugués básico, etc.