basófilo -la
basófilo -la
(< grβάσις ‘base’ +ϕίλος ‘amigo’)
-
adx
[BIOL]
Que ten afinidade e se tinxe cos colorantes básicos.
-
s
m
[BIOL]
-
Tipo de leucocitos do sangue que posúen uns gránulos que se tinxen intensamente de azul con colorantes básicos de anilina. Proporcionan substancias anticoagulantes aos tecidos inflamados.
-
Tipo de células do lóbulo anterior da hipófise produtoras de corticotropina.
-
-
adx
[ECOL]
Organismo ou asociación vexetal que ten preferencia por substratos básicos.