bastaard*
bastaard*
-
adx
Relativo ou pertencente aos bastaard.
-
s
[ETN]
Individuo mestizo de khoikhoi e de europeo. O termo aplícase especialmente aos 14.000 individuos (1996) do territorio namibio de Rehoboth, descendentes de colonos holandeses e de mulleres khoikhois. Dedícanse principalmente á gandería, son cristiáns, falan a lingua afrikaans e visten de acordo coa estética europea; sen embargo, conservaron elementos da cultura khoikhoi como a cabana semiesférica.