2 basto -ta

2 basto -ta

(< lat *bastu ‘tapado, cheo’)

  1. adx

    Que está moi apertado xunto a outros elementos dun grupo ou conxunto.

    Ex: Este monte está cheo de fentos bastos.

  2. adx

    Que presenta as partes ou os elementos que o forman moi xuntos.

    Ex: Había anos que non nevaba e o ano pasado caeu unha neve moi basta.

  3. adx

    Que carece dunha elevada calidade ou que está pouco elaborado.

    Ex: O tecido do vestido é un pouco basto.

    Sinónimos: vulgar.
  4. adx

    Que ten pouco coidado ou delicadeza no seu comportamento ou na súa linguaxe.

    Sinónimos: vulgar.

Palabras veciñas

1 basto | 3 basto | Basto | 2 basto -ta | bastón | Bastón | bastonada