bástulo -la
bástulo -la
-
adx
Relativo ou pertencente aos bástulos.
-
s
Individuo pertencente ao pobo bástulo.
-
s
[ETN/HIST]
Pobo prerromano no extremo S da Península Ibérica que só se menciona en fontes serodias. A súa localización é incerta. Algúns investigadores identificáronos cos bastetanos da Turdetania; para outros, virían a ser os bastetanos que estaban en contacto coa colonización fenicia estendida pola franxa litoral mediterránea do S da Península Ibérica; finalmente, hai quen sostén que ‘bástulo’ é tan só unha derivación da palabra bastetano.