batik*
batik*
-
s
m
[TÉXT]
Técnica de estampación, orixinaria de Insulindia, consistente en encerar á man, con cera de abellas fundida, as partes da tea que non se queren tinxir, tinxir a tea no baño correspondente e desencerala; repítese o procedemento tantas veces como cores diversas se queiran aplicar. Actualmente se fan imitacións industriais. Trázanse as liñas esenciais do debuxo e recóbrense as partes que quedan máis claras, facendo desaparecer a cera con bencina. O comercio destes estampados contribuíu a difundir a decoración indonesia, que influíu fortemente no modernismo holandés sobre todo a través do ceramista Theodorus Colenbrander.
-
s
m
Tecido estampado polo procedemento batik.