batoideo -a

batoideo -a

(< bato- + -(o)

  1. adx

    Que pertence á superorde dos batoideos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da superorde dos batoideos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Superorde de peixes da subclase dos elasmobranquios que comprende individuos de corpo comprimido dorsoventralmente, de cores escuras no dorso e brancas no ventre. É un grupo rico en especies que, nalgúns casos, presentan órganos eléctricos. Os batoideos distribúense por todos os mares e viven polo xeral nos fondos litorais. A ela pertence a orde dos raiformes.

Palabras veciñas

batoco | batocrómico -ca | batofobia | batoideo -a | batolítico -ca | batolito | batoloxía