bautismo
(< lat baptismu)
-
s
m
[RELIX]
Primeiro dos sete sacramentos consistente nun rito de ablución unido a unhas palabras, en virtude do cal o home entra a formar parte da Igrexa de Cristo. Dende os primeiros tempos da Igrexa aparece esta práctica xunto coa consciencia de cumprir un mandamento do Señor. Xa daquela o rito consistía en meterse na auga; en caso de necesidade aceptábase a infusión, acompañada dunha fórmula verbal, que quizais nalgún momento foi “no nome do Señor Xesús”, aínda que logo se converteu na trinitaria “no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo”. Ao bautizado esixíaselle previamente a conversión e a fe persoal, agás aqueles nenos das familias con membros que recibían o bautismo ao mesmo tempo. Na Idade Media, no campo ritual, xeneralizouse o bautismo de nenos. Seguindo as disposicións do Concilio II do Vaticano, no 1982 foi promulgado o novo ritual do bautismo de adultos, que restaurou plenamente o catecumenado e introduciu como novidade un rito especial para os nenos que son bautizados ao chegar á idade catequética. No eido doutrinal, o bautismo foi recoñecido como un dos sacramentos ao concluír (s XII) coa certeza de que só son sete.
Ex: A miña curmá recibiu o bautismo ós sete anos, xa que antes non puido ser.
Confrontacións: bautizo. -
[BÉL]
-
bautismo de fogo
Primeira acción bélica dun soldado novel.
Ex: O Luís recibiu o seu bautismo de fogo nas manobras realizadas durante o servicio militar.
-
bautismo de sangue
Primeiras feridas que recibe un guerreiro.
-
bautismo de fogo
-
bautismo de Xoán
[RELIX]
Ablución que Xoán o Bautista administraba aos que recibían a súa mensaxe de proximidade do Reino de Deus e de conversión; deste xeito entraban na comunidade dos seus adeptos.
-
certificado de bautismo
[DER]
Certificación, extraída do libro de bautismos, que garante que alguén recibiu ese sacramento.
Ex: Tiveron que pedir o certificado de bautismo para poder casar.
-
libro de bautismos
[DER]
Libro onde se anotan os bautizos administrativos nunha parroquia e que testemuña ese sacramento no marco da xurisdición eclesiástica. Coa creación do Rexistro Civil (1870) as certificacións de bautismo só teñen efectos civís e administrativos.
Ex: Despois de bautizar o meniño, fórono inscribir no libro de bautismos.