Bayer
Empresa alemá de produtos químicos e farmacéuticos fundada no ano 1863 por Friedrich Bayer, con domicilio central en Leverkusen (Alemaña). No ano 1926 integrouse no consorcio IG Farbenindustrie AG (Química Farmacéutica Bayer e Agfa-Gevaert), do que saíu ao rematar a Segunda Guerra Mundial (1945). Chegou a España en 1899, cando se constituíu a sociedade Federico Bayer y Cía, empresa de colorantes. A partir de aí, organizouse a través da súa filial Unicolor (1924). Creou as súas propias empresas en 1966 co nome de Bayer Hispania Industrial e Química Farmacéutica Bayer; esta última integraríase en 1981 no grupo Bayer. Posteriormente, en 1986, logo dunha reestruturación accionarial, todas as compañías se concentraron en Bayer Hispania S A. A empresa encárgase da comercialización de polímeros, produtos químicos para a industria e produtos fitosanitarios. Os seus centros de produción en España localízanse en Barcelona, Tarragona e Quart de Poblet (València).