Bazo
Bazo
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe orixinaria de Castela. As súas armas levan escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de sinople, unha torre de pedra e, saíndo da súa homenaxe, unha bandeira branca cargada dunha cruz de goles; segunda, en campo de azul, trece estrelas de ouro e no alto, dúas medias lúas de prata, mirándose as puntas; terceiro cuartel, en campo de azul, un carballo ao natural cun oso da súa cor atado ao tronco con cadeas de ferro e bordo de goles con oito veneras de ouro.