Beatriz

Beatriz

Prenome feminino procedente do latín Beatrix, feminino de *beator ‘a que fai feliz’, derivado de beare ‘facer feliz’. Santa Beatriz (s III-IV), romana de nacemento, foi martirizada durante a persecución de Diocleciano (303). O nome de Beatriz gozou de popularidade en toda a Península Ibérica durante os séculos XIII, XIV e XV; sen embargo, a súa difusión veu por vía culta dende finais da Idade Media e sobre todo no s XIX, por mor da sona adquirida pola Beatriz da Divina Comedia de Dante, símbolo da tripla encarnación da beleza, a inocencia e o amor. A forma hipocorística deste nome é Bea.