Beauharnais

Beauharnais
[HIST]

Familia nobre francesa de Orleans, de escasa notoriedade antes da Revolución Francesa (1789). Dividida en dúas ramas cara á fin do s XVIII, unha estivo encabezada por Claudio de Beauharnais, que foi par de Francia na época da Restauración; a segunda, de máis sona, vinculouse coa familia de Napoleón Bonaparte. Desta segunda póla os membros máis destacados foron: François de Beauharnais (1756-1846), par de Francia, deputado da nobreza nos Estados Xerais de 1789 e embaixador en Etruria e en Madrid durante o período napoleónico. Alexandre de Beauharnais (1760-1794), deputado da nobreza nos Estados Xerais e presidente da Asemblea constituínte. Eugène de Beauharnais (1781-1824), oficial do exército francés, fillo de Alexandre e Xosefina que foi adoptado por Napoleón; en 1805 foi nomeado príncipe de Francia.