beca
beca
-
s
f
[INDUM]
estidura talar de cor negra que empregan os maxistrados e xudiciais en exercicio.
-
s
f
[INDUM]
Insignia consistente nunha banda de pano que atravesaba o peito de ombreiro a ombreiro e colgaba por detrás. Empregábana os universitarios como distintivo do colexio ao que pertencían. Mantense como prenda cerimonial en actos académicos, aínda que o seu uso vai esmorecendo. Nos estatutos e regulamentos da Universidade de Santiago de Compostela (1997 e 1998) regúlase a súa utilización polos colexiais de Fonseca, San Clemente e Rodríguez Cadarso. Os membros das diversas tunas incorporárona ao seu vestiario, como elemento tradicional que é, aínda que desprendida do sentido de adscrición colexial que tiña na súa orixe.