Bedmar

Bedmar
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe de orixe galega que exerceu señorío na vila e castelo de Bedmar (Jaén), nome que colleu por apelido. As súas armas levan, en campo de ouro, tres cornetas de sable postas en pau e unidas por cordeis de goles.