beduniense

beduniense
  1. adx

    Relativo ou pertencente a Bedunia ou aos seus habitantes.

  2. s

    Individuo do pobo beduniense.

  3. s [ETN/HIST]

    Pobo (populus) prerromano da Gallaecia, no convento asturicense, asociado á cidade de Bedunia por Ptolomeo na súa Xeografía. Ocupaban os vales dos ríos Esla e Órbigo entre La Bañeza e Valencia de Don Juan, ao norte de Benavente. Estas comunidades, dedicadas principalmente á agricultura e secundariamente á caza, pesca, gandería e minería, instaláronse nese territorio no transcurso da primeira inmigración de pobos centroeuropeos (900 a C) e perviviron ata a conquista romana. Semella que a súa organización política e social constituíu a base da organización territorial que logo imporía a administración do Imperio.

Palabras veciñas

beduíno -na | bedulo | Bedunia | beduniense | Beebe, Charles William | Beecham, Thomas | Beelzebub