Behistun ou Bīsitūn
Behistun ou Bīsitūn
Penedo de Irán, preto do poboado homónimo, nos montes Zagros. No ano 516 a C, o Emperador de Persia Darío I mandou gravar alí unhas inscricións conmemorativas en escritura cuneiforme en tres linguas diferentes: babilónica, elamita e persa antigo. O seu descubrimento en 1835 facilitou o desciframento do cuneiforme.