beladona
beladona
(< it belladonna ‘mullerfermosa’)
s
f
[PLANTA]
Herba perenne de ata 150 cm de altura, con follas ovadas e acuminadas, dispostas en pares desiguais, raíz cilíndrica, carnosa e profunda, flores pentámeras en forma de campá, dunha cor castaña purpúrea e froitos en baia do tamaño dunha cereixa, negros, brillantes e moi velenosos. Medra nas beiras e nos claros de bosques húmidos de folla caduca en ambientes calcarios. Distribuída de forma natural en gran parte de Europa, cultívase en EE UU, Europa e a India. Contén diversos alcaloides que actúan sobre o sistema nervioso vexetativo paralizando a súa actividade; é coñecida a súa acción dilatadora da pupila. Emprégase na industria farmacéutica.