Belerofonte

Belerofonte
[MIT]

Heroe mítico de Corinto, fillo de Posidón, tamén coñecido como Belerofontes. Os seus pais humanos eran Glauco e Erimedes. Axudado por Pegaso, o seu cabalo alado, venceu unha Quimera, os Sólimos e as Amazonas. Semella que, fachendoso polos seus éxitos, quixo chegar á casa de Zeus montando a Pegaso, polo que o deus o matou despenándoo.

Palabras veciñas

beleno | beleño | Belenoi, Aimeric de | Belerofonte | Belesar | Belesar | Belesar