Belgrado, Conferencia de
Belgrado, Conferencia de
Conferencia dos países neutrais convocada por Iugoslavia e Exipto, celebrada do 1 ao 6 de setembro de 1961. Contou coa participación de Afganistán, Arabia Saudí, Alxeria, Birmania (hoxe Myanmar), Camboxa, Ceilán (Sri Lanka), Congo-Kinshasa (República Democrática do Congo), Cuba, Chipre, Etiopia, Ghana, Guinea, Iemen, India, Indonesia, Iraq, Iugoslavia, Líbano, Mali, Marrocos, Nepal, República Árabe Unida (Exipto), Somalia, Sudán e Tunisia. Acordáronse resolucións anticolonialistas, criticouse o apartheid sudafricano, solicitouse o desarmamento e a prohibición de armas nucleares, demandouse o ingreso da China Popular na ONU e adoptáronse diversas resolucións sobre Berlín e Palestina.