Belkom
Belkom
[LING]
Organismo creado polo Comité belga da Oficina Europea de Linguas Minoritarias para representar a minoría alemá de Bélxica. O Belkom funciona dende 1983, pero non foi ata 1993 cando se dividiu en seccións que atenden os problemas do alemán e do luxemburgués (sección xermánica), e os das linguas de oïl (sección románica).