Belona

Belona
[MIT/RELIX]

Deusa da guerra na Roma clásica. Aparece como esposa, irmá ou filla de Marte. O seu culto foi introducido en Roma polos Claudios. No 296 a C Apio Claudio Ceco erixiulle un templo no Campo de Marte. Sempre se representa enriba dun carro coas mans armadas cunha lanza, un látego ou unha tea.

Palabras veciñas

beloiro | Beloje Ozero | Belon, Pierre | Belona | Belone | belonefobia | belónido