beluga
beluga
(
-
s
f
[ANIMAL]
Cetáceo odontoceto de ata 5 m de lonxitude, de coloración branca e dentadura moi reducida (de 16 a 20 dentes en cada mandíbula), sen aleta dorsal e con amplas aletas pectorais, que pode vivir uns 20 anos. Aliméntase de luras e peixes. Forma pequenos grupos en augas costeiras pouco fondas do litoral ártico, onde nadan diante dos icebergs; penetran no verán nos ríos. A súa distribución é circumpolar, aínda que poden achegarse ás costas francesas e remontar ríos europeos.
-
s
f
[ALIM]
Tipo de caviar que se obtén dun grande esturión que habita nos mares Negro e Caspio e que é moi apreciado.