Bélxica

Bélxica

Provincia do Imperio Romano, ao norte da Galia, conquistada por Xulio César (57-54 a C), que a artella como unha das tres rexións da Galia Transalpina. A súa capital estableceuse en Durocortorum Remorum (Reims). Estaba ocupada polas tribos belgas e estendíase entre o Sena e o Saona, por unha banda, e o Rin ata Suíza, pola outra. Cando Octavio Augusto levou a termo a división administrativa da Galia, Bélxica pasou a ser unha das súas catro provincias: a Galia Bélxica.