Benavente

Benavente
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica procedente de fóra de Galicia. A orixe do topónimo non está clara, aínda que podería remitir ao latín bene ventum ‘benvido’; así, no século XII, aparecen documentadas formas deste tipo: Beneventum, Beneventi, Benevento, Benaventum, Benaventi ou Benavente.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe de orixe castelá, natural da vila zamorana do seu nome. Estendeuse por León, Castela a Nova e Castela a Vella. As súas armas levan, en campo de ouro, unha árbore de sinople e dous lobos de sable atados con cadeas ao tronco; bordo de azul con seis veneras de ouro.