Benelux

Benelux
Nome científico: [BÉlxica, NEderland, LUXemburgo]

Unión económica formada por Bélxica, os Países Baixos e Luxemburgo. Nos últimos anos da Segunda Guerra Mundial, os gobernos destes tres estados negociaron un acordo para despois da guerra, que deu lugar á sinatura, en outubro do 1943, dun tratado monetario, e en setembro do 1944, dun tratado aduaneiro que foi a orixe da Convención do Benelux, que entrou en funcionamento o 1 de xaneiro de 1948. O 3 de febreiro de 1958 concertouse na Haia un tratado polo que se establecía unha unión económica que entrou en vigor o 1 de novembro de 1960. O tratado previña a creación de institucións comúns con sede en Bruxelas e establecía a libre circulación de capitais, produtos, vehículos, persoas e servicios entre os tres países, xunto cunha política de investimentos comúns. Todos os membros do Benelux foron tamén membros fundadores da Comunidade Económica Europea, convertida posteriormente na Unión Europea.