benestar
(< ben + estar)
-
s
m
Situación na que están satisfeitas as necesidades materiais da vida.
Ex: Co paso dos anos acadaron unha situación de benestar, aínda que comezaron noutra posición ben distinta.
-
s
m
Estado de quen se sente ben e goza de tranquilidade, no que os sentidos están satisfeitos.
Ex: Cando podo ir para a aldea as fins de semana gozo dun gran benestar.
-
economía do benestar
[ECON]
Corrente normativa da ciencia económica que ten por obxecto a busca do mellor para o colectivo. Non se identifica con este nome, propiamente, unha escola uniforme de pensamento económico, senón unha temática e mesmo un enfoque orientador da ciencia económica. Á parte duns claros precedentes en Pigou, adóitase situar a primeira estruturación desta corrente no seo da escola neoclásica de Cambridge, encamiñada cara a unha teoría económica realista. Nesta primeira etapa trátase de disociar a eficacia produtiva da distribución; relativo a isto, Pigou propón que toda mellora dos pobres a expensas dos ricos pode ser defendida obxectivamente como aumentativo do benestar colectivo. Para autores como Pareto e Barone, só poden ser definidas cientificamente condicións de optimización produtiva, pero non patróns de distribución. Pódese afirmar que a economía do benestar non conseguiu superar a debilidade metodolóxica implicada en pretender pasar do positivo ao normativo.
-
estado de benestar
[ECON]
Tipo de actuación estatal destinada a producir bens e servicios non rendibles para o sector privado. A partir da teoría xeral do benestar extráense unha serie de implicacións operativas que sinalan sobre todo a posibilidade de que o estado garanta, a todos os cidadáns, uns niveis mínimos de percepcións directas do seu traballo e especialmente de servicios públicos, asistenciais e de previsión social. Un obxectivo central da doutrina do estado do benestar é conseguir unha equitativa redistribución do gasto público. OBS: Neste termo o fonema nasal ten unha realización nasal velar sonora [?].