bengala

bengala

(< topónimo Bengala)

  1. s f

    Cana da India da que se fan bastóns.

  2. s f

    Antiga insignia de mando militar, en forma de cetro ou bastón.

  3. s f [ESPECT/IND]

    Mestura de xofre, nitrato de potasio, sulfuro de antimonio e outros compostos, xeralmente colocada no interior dun recipiente cilíndrico de metal, madeira ou cartón, que ao queimarse produce luz. Está formada por un material pirofórico que actúa como combustible e un comburente que lle fornece osíxeno. As bengalas empréganse para a sinalización nocturna, para a iluminación e tamén para os fogos artificiais. A súa cor conséguese mediante a adición de compostos volátiles colorados. Tamén se denomina luz de bengala.

Palabras veciñas

Benfey, Theodor | Benfica | Benfleet | bengala | Bengala | Bengala Occidental | Bengala, A