beni-amer
-
s
Individuo pertencente ao pobo nilótico do mesmo nome.
-
s
[ETN]
Tribo alxeriana que antes de 1848 se estendía pola chaira de Mekerra, na provincia de Orán, onde está Sidi-bel-Abbés. Trala sumisión de Add-el-kader, as vintecinco mil persoas que constituían a tribo emigraron a Marrocos. Na provincia de Constantina hai outras tribos homónimas: amer charaba ou do leste, a amer cheraba ou do oeste, que se estenden polas mesetas do Occidente de Setif. Os uled-amer viven na gran Kabilia e os bu-amer sitúanse á beira do río Salado, na provincia de Orán.
-
s
[ETN]
Gran tribo de pastores da alta Numibia que parcialmente se atopa na fronteira de Abisinia e parcialmente nos países do litoral, entre Massuah e Suakim. Descenden dos hamara, de Abisinia e probablemente comparten a súa orixe con outras tribos da rexión do Nilo, pois adoitan denominarse amarab, hammer, hamar, etc.